Friday 03 de May de 2024

Cambre atende a máis de 70 incidencias durante o día do temporal de choiva


O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegurou que ata o momento non existía un protocolo de emerxencias

A Policía Local de Cambre, Protección Civil e o departamento de Servizos fixo público hoxe o número de incidencias atendidas o pasado mércores, día de maior impacto do temporal de lluvía que afectou ao termo municipal de Cambre e a toda a comarca. Cortes de camiños, rexistros de sumidoiros, árbores caídas, zonas alagadas, inmobles alagados ou atascos nas canalizacións foron as urxencias máis solicitadas. O concello decidiu crear un protocolo de actuación en caso de urxencias que articulará todas as incidencias e coordinará a todos os departamentos municipais encargados de atendelas. Un operativo formado por máis de trinta persoas atendeu durante 24 horas as incidencia que provocou a intensa choiva na xornada do mércores.
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asegurou que ata o momento non existía un protocolo de emerxencias deste tipo polo que mantivo unha reunión hoxe para definir este procedemento para seguir e transmitilo ao resto dos funcionarios municipais. Aínda que o documento non está rematado, o rexedor local ha adiantado que haberá unha persoa encargada de coordinar as saídas dos operarios, policías e membros de protección civil. Haberá outros funcionarios pendentes das alertas telefónicas e o responsable do protocolo coordinará todas as incidencias para priorizar as máis urxentes e deste xeito poder canalizar a información cos diferentes servizos municipais. O alcalde e anunciou, doutra banda, a posta en marcha dunha aplicación móbil para que os cidadáns poidan mediante o seu Terminal alertar de calquera incidencia no municipio, agregando imaxe á demanda e mesmo geolocalizando o lugar da mesma.
O alcalde agradece publicamente o comportamento exemplar dos veciños afectados polas inundacións, así como aos membros de Protección Civil, Policía Local, brigada de Obras e voluntarios que traballaron de forma altruísta polo benestar dos seus veciños sen descanso.